Friday 03 de May de 2024

Carmen Sampedro doa unha obra súa ao Concello de Ribeira


O pasado venres 28 de xullo a artista Carmen Sampedro fixo unha doazón dunha das súas obras para o Concello de Ribeira.

Antía Alberte Maneiro, concelleira de Cultura, encargada de recepcionar a obra, dedicoulle unhas palabras de agradecemento no Lustres Rivas.

A concelleira asegurou ver nas instalación do concello moitas obras de arte algo “que fai que me decate da inmensidade de artistas cos que conta o noso concello, o cal me enche de orgullo e de honra”.

Alberte Maneuro argumentou que esa nova obra que se incorpora ao patrimonio público estará a bo recaudo nun bo lugar para que os ribeirenses poidan desfrutala. “Esta paisaxe, que para nós non precisa título, resulta digna de ser admirada eforma parte de todos nós”.

Carmen Sampedro contaba con outra exposición no Lustres Rivas de carácter máis intimista, pois formaba parte duns poemas que acompañaban as obras Ecléctica. Serie Ina, pintura e poesía, mais decantouse pola obra presente na fotografía “Pedra da Rá”, debido ao significado especial que ten para o nosa contorna.